VIDA PROPIA
Servizo de apoio integral para mellorar a calidade de vida da persoa con diversidade funcional. O equipo profesional de Extramundi, baseándose no Paradigma da Diversidade e a metodoloxía de Planificación Centrada na Persoa (PCP), propón para esta liña a análise, deseño, desenvolvemento e valoración, de maneira consensuada, das estratexias de apoio nas oito dimensións ligadas á calidade de vida dunha persoa: “benestar emocional, relacións interpersoais, benestar material, desenvolvemento persoal, benestar físico, autodeterminación, inclusión social e dereitos” (Shalock e Verdugo)
COÑECE MUNDO
Liña de acción dirixida a facilitar o acceso de clientes/as a un servizo de lecer personalizado onde se propicie o establecemento de redes e relacións interpersoais significativas. Extramundi propoñerá actividades con carácter cultural e social baseadas nas expectativas e desexos dos/das nosos/as usuarios/as.
e-INCLUSIÓN
Liña de actuación dirixida a mellorar a autodeterminación e o desenvolvemento persoal dos/as nosos/as clientes/as a través do uso de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs). Extramundi impulsará un servizo de asistencia personalizada e/ou grupal que garanta o acceso e uso das TICs e diminúa a fenda dixital presente neste colectivo.
NORMALIZAR A DIVERSIDADE: DIVERSIFICAR O NORMAL.
Nesta liña Extramundi incidirá no impulso de accións que favorezan a construción dunha cultura da diversidade, ademais de facilitar procesos que contribúan a garantir contornas plurais máis humanas e accesibles.